Charla de educación viaria dende o centro de día de Abadín

Aparte

Charla de educación viaria dende o centro de día de Abadín

O mércores 28 de setembro acudimos ó concello de Abadín para desfrutar dunha charla para as persoas usuarias sobre as normas básicas e comportamentos como peóns e condutores nas vías públicas. Esta actividade enmárcase dentro das programacións realizadas co fin de facilitar a socialización e integración con outros membros da comunidade. Os obxectivos desta charla foron os seguintes:

  • Coñecer e rememorar as normas básicas de circulación.
  • Visitar o concello de Abadín e desfrutar dun día diferente dentro da dinámica habitual do centro de día.
  • Activar a curiosidade cara novas contornas.
  • Potenciar a socialización e as actividades exteriores e grupais coa comunidade próxima.

Deixámosvos unhas imáxenes da nosa visita.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Visita o museo do viño de Cambados dende o centro de día de Cambados

Aparte

Visita o museo do viño de Cambados dende o centro de día de Cambados

Dada a importancia da cultura vinícola no noso pobo realizamos unha visita ao museo etnográfico e do viño, situado ao lado dun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, as ruínas de Santa Mariña do Dozo.

O museo está composto por dous edificios: unha antiga casa electoral unida por unha pasarela á unha nova construción.

Durante a visita puidemos coñecer a historia do Albariño, a cultura vitivinícola que o rodea, todas ferramentas que se empregaban e algunha que outra tradición que aínda continúan, ou que foron cambiando ao longo do tempo, adaptándose estas ás demandas que ían xurdindo.

No xardín atópase un conxunto escultórico de Manolo Paz formado por copas de viño de granito, onde aproveitamos para sacar algunha fotografía.

As persoas usuarias desfrutaron moito da saída e valorárona moi positivamente. Gustoulles recoñecer algunha das ferramentas expostas e coñecer as historias do viño albariño.

A continuación ensinámosvos a nosa visita!

0
Se che gustou podes compartirlo en: