Noria no porto da Coruña

Aparte

Noria no porto da Coruña

No centro de día de SADA quixemos facer unha actividade diferente, buscando non so desfrutar dunha saída e dun café, senon de traballar os sentidos.

Moitos dos usuarios nunca experimentaron a sensación voar; non viaxaron en avión, nin montaron en ningún tipo de atracción similar á noria.

A actividade tivo moi boa acollida por parte de usuarios e familias. Ó principio algunhas persoas eran un pouco reticentes a subir, incluso houbo familias que nos dicían que ó verse alí collerían medo. Pois todo o contrario. Foi unha mañá asombrosa.

Aproveitando que xusto no lugar hai unha terraza, todos puideron desfrutar dun cafeiño ou un refresco. E pouco a pouco fóronse animando a probar, ata que todos, excepto unha usuaria, subiron á atracción.

Destacar que os organizadores da noria en todo momento tiveron un trato exquisito cara os usuarios: baixaronlles o prezo da entrada, déronlles máis de unha volta e fixeron todo o posible para que todo o que quixese puidera participar. Varios usuarios en cadeira de rodas tamén tiveron a oportunidade de subir, xa que unha das cabinas estaba adaptada.

De volta ó Centro as caras dos usuarios eran incríbles. Grandes sorrisos e rostros de sorpresa. Viñan moi emocionados. Esta frase, dun dos usuarios participantes, resume todo: “fun polo aire”.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Saída a praia de Riazor

Aparte

Saída a praia de Riazor

É verán, e aproveitando o bo tempo, dende o Centro de Día de Culleredo preparamos unha saída a ver a praia e desfrutar do aire libre. Fúmonos a Riazor, a pasear e a tomar un piscolabis ao fresco.

Pasámolo en grande, paseando e contemplando toda Coruña dende o paseo. Algúns de nos baixamos á praia, a pisar a area e incluso a mollar os pes.

Finalmente tomamos uns aperitivos á sombra das árbores, onde cantamos e charlamos, contando anécdotas e compartindo un momento fenomenal que quedará no noso recordo e quedará plasmado na foto grupal que sacamos todas/os xuntas/os antes de retomar rumbo ao noso centro.

¡Por máis momentos así!

4
Se che gustou podes compartirlo en:

VISITA Á EXPOSICIÓN “PINGAS DE CORES” DENDE O CENTRO DE DÍA DE SAN SADURNIÑO.

Aparte

VISITA Á EXPOSICIÓN “PINGAS DE CORES” DENDE O CENTRO DE DÍA DE SAN SADURNIÑO.

A participación na comunidade e desenvolver actividades co seu grupo de iguais é un dos máis importantes beneficios que aportan os centros de día. Ademais, a pintura ten unha gran acollida no noso centro polo que sabíamos que ía a ser do seu interese .

Desprazámonos camiñando á casa do concello de san Sadurniño, moi próximo ao centro, onde se atopaba exposta a mostra “Pingas de Cores” que exhibe 26 cadros de artistas de distintos lugares de san Sadurniño. En concreto, o fío condutor das obras é precisamente a orixe das súas autoras -practicamente todas son mulleres e de san Sadurniño- posto que a temática dos cadros é moi variada.

Moi contentos e entusiasmados, gustoulles moito a exposición en si e o entorno posto que na Casa do Concello sempre hai moito movemento de xente e soen atopar a veciños e coñecidos cos que fai tempo que non teñen contacto. Ademais aproveitamos para pasear polos bonitos xardíns do concello, polo que a saída foi completa ao promover tanto a participación na comunidade como a mobilidade funcional.

0
Se che gustou podes compartirlo en: