Noria no porto da Coruña

Noria no porto da Coruña

No centro de día de SADA quixemos facer unha actividade diferente, buscando non so desfrutar dunha saída e dun café, senon de traballar os sentidos.

Moitos dos usuarios nunca experimentaron a sensación voar; non viaxaron en avión, nin montaron en ningún tipo de atracción similar á noria.

A actividade tivo moi boa acollida por parte de usuarios e familias. Ó principio algunhas persoas eran un pouco reticentes a subir, incluso houbo familias que nos dicían que ó verse alí collerían medo. Pois todo o contrario. Foi unha mañá asombrosa.

Aproveitando que xusto no lugar hai unha terraza, todos puideron desfrutar dun cafeiño ou un refresco. E pouco a pouco fóronse animando a probar, ata que todos, excepto unha usuaria, subiron á atracción.

Destacar que os organizadores da noria en todo momento tiveron un trato exquisito cara os usuarios: baixaronlles o prezo da entrada, déronlles máis de unha volta e fixeron todo o posible para que todo o que quixese puidera participar. Varios usuarios en cadeira de rodas tamén tiveron a oportunidade de subir, xa que unha das cabinas estaba adaptada.

De volta ó Centro as caras dos usuarios eran incríbles. Grandes sorrisos e rostros de sorpresa. Viñan moi emocionados. Esta frase, dun dos usuarios participantes, resume todo: “fun polo aire”.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.