VISITA Á EXPOSICIÓN “PINGAS DE CORES” DENDE O CENTRO DE DÍA DE SAN SADURNIÑO.
A participación na comunidade e desenvolver actividades co seu grupo de iguais é un dos máis importantes beneficios que aportan os centros de día. Ademais, a pintura ten unha gran acollida no noso centro polo que sabíamos que ía a ser do seu interese .
Desprazámonos camiñando á casa do concello de san Sadurniño, moi próximo ao centro, onde se atopaba exposta a mostra “Pingas de Cores” que exhibe 26 cadros de artistas de distintos lugares de san Sadurniño. En concreto, o fío condutor das obras é precisamente a orixe das súas autoras -practicamente todas son mulleres e de san Sadurniño- posto que a temática dos cadros é moi variada.
Moi contentos e entusiasmados, gustoulles moito a exposición en si e o entorno posto que na Casa do Concello sempre hai moito movemento de xente e soen atopar a veciños e coñecidos cos que fai tempo que non teñen contacto. Ademais aproveitamos para pasear polos bonitos xardíns do concello, polo que a saída foi completa ao promover tanto a participación na comunidade como a mobilidade funcional.
0