Celebración do verán dende o centro de día de Begonte

As celebracións extraordinarias motivan e animan tanto ás persoas usuarias como traballadoras saíndo da rutina. Neste caso levamos a cabo a celebración do verán con música en directo, que é algo moi estimulante para eles/as. Amenizáronnos con música en directo dous integrantes da música tradicional: José Fontao, un gaiteiro e Pablo Carballeira, un percusionista. As persoas usuarias e traballadoras participantes puidemos bailar, cantar, aturuxar, aplaudir…creando un ambiente de festa e diversión.

Para finalizar a celebración fixemos entrega de agasallos artesanais a cada integrante a modo de agradecemento pola súa colaboración co centro de maneira altruista.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.