Día mundial do Alzheimer dende o centro de día de Abadín
O pasado 21 de setembro celebrouse o día mundial do Alzheimer. No centro de día conmemoramos esta data xa que o Alzheimer é a principal causa de demencia. Un deterioro do pensamento, comportamento e habilidades sociais que afectan á capacidade de vivir de xeito independente.
As nosas persoas usuarias quixeron dar voz e visibilidade a esta enfermidade a través de distintas mensaxes de sensibilización que decían o seguinte:
- “SEN A SÚA MEMORIA: RECORDA AS SÚAS VIVENZAS”.
- “AÍNDA QUE XA NON SE COÑEZA, SEGUE A SER ELA /EL”.
- “A MIÑA PEL NON SOFRE ALZHEIMER:, ACARÍCIAME,ABRÁZAME, BÍCAME”.
- “O ALZHEIRMER BORRA A MEMORIA, PERO NON OS SENTIMENTOS…”
- “MENTRAS O CORPO PODA , SEGUIREI BAILANDO”
- “ AINDA QUE NON SEPA QUEN SON, SABES QUE TE QUERO”.
- “PODA QUE XA NON SE RECOÑEZA, PERO SEGUE GUSTÁNDOLLE ARREGLARSE”.
- “PODA QUE NON ENTENDA O QUE LLE DIS, PERO SEGUE A ESTAR AHI”.
- “SIGO SENDO EU”