8 de marzo no Centro de día de Redondela

Aparte

8 de marzo no Centro de día de Redondela

Con motivo do 8 de marzo, Día da muller; argallamos un vídeo que consistía en visibilizar a importancia de reivindicar os dereitos das mulleres e da igualdade de oportunidades.

Para elo realizamos varios debuxos de diferentes peitos que amosan as diferentes realidades das mulleres (por exemplo cancro de mama). Ademais fixemos un marco en cartón que decoramos con mensaxes en aras dunha sociedade feminista, na que a muller teña o recoñecemento das capacidades e dos dereitos que tradicionalmente foron reservados para os homes.

Para a elaboración desta actividade nos apoiamos na canción de Rigoberta Bandini, cantante que as persoas usuarias coñeceron na actividade de lectura de prensa e que xerou debate, tras o seu paso polo festival no que se elixiu a canción que vai ir a Eurovisión.

O lema da actividade é o mesmo que empregou esta cantante. No tema musical e baixo a nosa interpretación, asociamos que fai unha similitude na procura dos dereitos da muller, empregando algo máis visual como pode ser a representación dun peito feminino.

Creemos que este tipo de actuacións axudan a reivindicar políticas feministas que finalmente fan que un país sexa máis xusto para todas e todos.

Agardamos que vos guste!

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Entroido con premio no centro de Baleira 2022

Aparte

Entroido con premio no centro de Baleira 2022

O Concello de Baleira ten moita tradición apícola, celebrándose dende fai uns anos unha feira do mel que atrae a apicultores de toda a montaña lucense. Como non podía ser doutro xeito, este ano decidimos crear para entroido a nosa propia colmea, onde non faltaba detalle: os apicultores, as flores, as propias abellas… As persoas usuarias do CAPM de Baleira traballaron arreo e a mostra podedes vela na seguinte foto.

Despois do traballo realizado só nos quedou desfrutar do día de entroido, onde tivemos a nosa axenda chea de actividades. Comezamos pola mañá, caracterizándonos, non quedou un só residente sen disfrazar e realizamos diferentes actividades lúdicas con globos e ao ritmo da música. Moito nos fartamos de rir.

Á tarde tocounos tarde de repostaría, onde realizamos unhas ricas filloas coa receita dunha das persoas residentes para presentarnos ao concurso do pobo. Unha vez rematada a tarefa puidemos escoitar un concerto que a asociación cultural camiño primitivo nos ofreceu no centro. Unha ledicia ver como os mais pequeniños tocaban os instrumentos tradicionais.

Para rematar a xornada, achegámonos ao polideportivo do colexio para participar do concurso de disfraces. Alí desfilamos, bailamos, cantamos e volvemos esgotados para a residencia. Viñemos coas mans cargadas, xa que as persoas residentes gañaron o premio ao disfrace máis orixinal.

10
Se che gustou podes compartirlo en: