O día 8 de marzo, no Centro Residencial e de Día de Arteixo, celebramos o Día da Muller. Nesta data especial, realizamos unha actividade “A vida das nosas mulleres“. A través desta data sinalada buscábase recordar e reivindicar os logros acadados polas mulleres, así como as dificultades coas que se atoparon para conseguilos.
Participaron persoas usuarias, pero tamén as súas familias, conseguindo fotografías antigas para a realización da mesma. A partir da foto, creouse un cadro coas imaxes onde ao carón de cada unha aparecían aspectos relevantes, tales como o seu nome, familia, traballo e os maiores logros que consideraban que acadaron na súa vida. Despois presentáronse nunha exposición, onde o resto de persoas usuarias que quixeron colaboraron na súa colocación.
Esta actividade serviu para coñecer a vida de cada muller dunha forma máis gráfica, tamén para debater sobre como cambiaron os dereitos e as oportunidades co paso do tempo. Tanto as profesionais de referencia como as persoas usuarias valoraron moi positivamente a actividade, que ademais serviu para estreitar lazos entre ambas.
Que importante é, a vida das nosas mulleres!!
