Dende o CAPM de Vilar de Santos, sito no triángulo máxico ourensán (Xinzo-Laza-Verín) con pantallas, peliqueiros e cigarróns, retomamos o noso Entroido, unha das celebracións de larga tradición popular na provincia de Ourense.
E que mellor maneira de facelo que participando coas seguintes actividades, nunha iniciativa local:
1.- Disfraz de “galegas” elaborado no centro como apoio ás Tanxugueiras (artistas revelación da fusión da música tradicional).
2.- Elaboración de atrezo que acompaña no desfile “Eurofans Senior” das Tanxugueiras.

3.- Desfile de Entroido con saída dende o Centro de Maiores ata a praza do Concello, pasando polas rúas Baleza, Saínza e Celanova.
4.- Actividade interxeneracional dun audio a viva voz dos nosos maiores sobre unha sátira, co seu envío aos nenos da escola infantil :
QUE SERÁ QUE CANDO CHEGA
CUNHA LEDICIA SEN PAR,
A XENTE TÁPASE A CARA
E LOGO PONSE A BAILAR?
O ENTROIDO!!!
4.- Chocolatada comunitaria como remate final na praza do Concello.
Toda esta iniciativa realizouse coa participación conxunta de CEIP “Carlos Cid Argüi” de Rairiz de Veiga, Escola infantilde Vilar de Santos, servizos sociais e asociación de mulleres rurais “A Arracada” en Vilar de Santos.
