Entroido con premio no centro de Baleira 2022

Entroido con premio no centro de Baleira 2022

O Concello de Baleira ten moita tradición apícola, celebrándose dende fai uns anos unha feira do mel que atrae a apicultores de toda a montaña lucense. Como non podía ser doutro xeito, este ano decidimos crear para entroido a nosa propia colmea, onde non faltaba detalle: os apicultores, as flores, as propias abellas… As persoas usuarias do CAPM de Baleira traballaron arreo e a mostra podedes vela na seguinte foto.

Despois do traballo realizado só nos quedou desfrutar do día de entroido, onde tivemos a nosa axenda chea de actividades. Comezamos pola mañá, caracterizándonos, non quedou un só residente sen disfrazar e realizamos diferentes actividades lúdicas con globos e ao ritmo da música. Moito nos fartamos de rir.

Á tarde tocounos tarde de repostaría, onde realizamos unhas ricas filloas coa receita dunha das persoas residentes para presentarnos ao concurso do pobo. Unha vez rematada a tarefa puidemos escoitar un concerto que a asociación cultural camiño primitivo nos ofreceu no centro. Unha ledicia ver como os mais pequeniños tocaban os instrumentos tradicionais.

Para rematar a xornada, achegámonos ao polideportivo do colexio para participar do concurso de disfraces. Alí desfilamos, bailamos, cantamos e volvemos esgotados para a residencia. Viñemos coas mans cargadas, xa que as persoas residentes gañaron o premio ao disfrace máis orixinal.

10
Se che gustou podes compartirlo en:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*