
Dende os Centros de día de FERROL CARANZA e FERROL ESTEIRO, poñen a proba a nosa memoria cinematográfica…
0Dende os Centros de día de FERROL CARANZA e FERROL ESTEIRO, poñen a proba a nosa memoria cinematográfica…
0CONTO INTERXENERACIONAL
Os usuarios do centro interxeneracional de Ourense, quixeron facer algo especial polo día do libro para unhas pequeniñas persoas moi especiais tamén para eles…¡¡Os nenos e nenas!! Mesturamos o encanto dos relatos e a ilusión e gañas de colaborar de usuarios e familiares, e con todos estes ingredientes, xurdíu este resultado tan fermoso para todos eses pequeniños aos que tanto estrañamos … ¡¡Grazas pequenos e pequenas por demostrarnos ser tan grandes durante o confinamento que vos tocou vivir!!
A DISTANCIA QUE NOS DEIXA A FIESTRA ABERTA
Saúdos moi orixinais dos usuarios e traballadores do Centro de día de RIBADEO
O momento excepcional que estamos a vivir levounos ao confinamento nos nosos fogares. As persoas maiores, coas que convivimos e para as que traballamos, están a vivir este momento cun sentimento de medo, inseguridade e, nalgúns casos, soidade. Consideramos fundamental que a nosa labor profesional, aínda que non poida ser presencial, vaia encamiñada ao seu acompañamento, escoita e apoio.
Durante estas semanas, nas comunicacións telefónicas que mantemos coas persoas usuarias e as súas familias, sempre nos preguntan polas demais persoas do centro, están preocupadas por elas, extráñanse e manifestan o seu desexo de volver a estar todas xuntas de novo.
Por elo propuxémoslles como actividade elaborar un vídeo que tiña como fío conductor o lanzamento dun avión de papel cargado de desexos e pensamentos positivos para compartir entre todas e todos en canto a situación así o permita de novo.
O resultado é o video que podedes visualizar a continuación:
A avaliación da actividade foi máis que positivo, non so conseguimos os obxectivos plantexados (transmitir seguridade e tranquilidade; aportar unha mensaxe positiva; reforzar o sentimento de pertenza; por en valor a aptitude e os coñecementos que nos poden aportar as persoas maoires tamén nestes momentos de crise; etc) senon que as familias e as persoas usuarias quedaron tan satisfeitas que nos demandaron a realización de máis actividades colectivas. Ademais, para nos coma profesionais, supuxo gran estímulo e reforzo positivo de cara a continuar coa nosa labor sempre orientada a mellorar a calidade de vida das persoas maiores.
0Dende o Centro de día de OURENSE, nos axudan a practicar un pouco de exercicio de estimulación das neuronas
0