Actividade coa memoria
Que vos parece se entrenamos a nosa memoria visual?? Aquí nos achegan, dende os centros de día de FERROL CARNAZA e FERROL ESTEIRO un entretido exercicio

PREME AQUI para comezar
0Adiviñanzas dende o Centro de día de BEGONTE 1.De buraco en buraco sempre coas tripas de arrastro A AGULLA CO FÍO 2.Aínda que ten dentes e garda a casa nin Continue Reading →
0Actividade coa memoria
Que vos parece se entrenamos a nosa memoria visual?? Aquí nos achegan, dende os centros de día de FERROL CARNAZA e FERROL ESTEIRO un entretido exercicio
PREME AQUI para comezar
0As mensaxes no centro de Ortigueira, medran con forma de árbore…
Desde comezos do confinamento no CAPM de Ortigueira recibimos unha morea de mensaxes de apoio, animando tanto ás persoas maiores como a todo o persoal que traballamos no centro chegando de maneira virtual a través do noso blogue Coamarea, por correos electrónicos ou por whatsapp. Aproveitamos que temos un taboleiro de cortiza no comedor, zona que visitamos varias veces ao día, para colocar a nosa “árbore da vida” no centro e ir enchendo de follas de cores, según ían chegando as mensaxes de ánimo e recoñecemento polo traballo realizado.
Son circunstancias especiais nas que se agradece o ánimo recibido e o recoñecemento a tódolos equipos de persoal que traballamos nos centros de maiores.
0Quén se anima a participar nun fermoso reto que nos chega dende o centro de Ortigueira?
Dende que o Goberno decretou o estado de alarma ordeando non sair da casa, os nenos e nenas estaranse dando de conta da importancia que ten ir a escola e do moito que nela aprenden, cousa que moitas persoas maiores do Centro, non puideron facer no seu tempo, por ter que axudar na casa, ir ao lindeiro coas vacas ou o río a lavar.
A rapazada de antes aprendía na “Escola da vida” e moito do seu saber foilles transmitido de forma oral polos seus pais/nais ou avós/as, para que souberan valerse no mundo. Ler, escribir e as catro reglas aprendíanas, con sorte, e todo o demais nas noites de inverno ao carón da lareira, nas esfollas do maínzo, nas mallas, na fonte, no lavadoiro, na tenda de ultramarinos, na feira ou na misa. Coñecementos importantes para traballar, remediar dores, cociñar,sementar e recoller, do tempo, para mocear, troulear, facer trocos, entre outras moitas cousas que é preciso coñecer.
No CAPM de Ortigueira, poñendo en valor toda esta sabedoría popular que atesouran os nosos maiores, fixemos un caderno no que recoller, nestes días virulentos, todas esas aprendizaxes significativas para transmitilas aos pícaros/as que veñen pisando forte pero pola súa idade, aínda son inocentes.
Cántigas, contos, coplas, refráns, adiviñas, ditos, anécdotas, alcumes familiares, etc. Así como todo o que vaia xurdindo da nosa memoria colectiva. Consideramos que son saberes interesantes da cultura que non saen nos libros, moitas delas, e non se deben esquecer.
Por este motivo, convidamos tamén a tódolos usuarios de CD e ás súas familias a botar unas parolas, a ver que sae!! E envialas ao centro, co fin de engadilas ao noso libro comunitario. A nosa dirección de correo é ortigueira.consorcio@igualdadebenestar.org
0