Adiviñanzas dende o Centro de día de BEGONTE
1.De buraco en buraco sempre coas
tripas de arrastro
A AGULLA CO FÍO
2.Aínda que ten dentes e garda a casa
nin roe nin ladra.
A CHAVE
3.¿Que cousiña é?, que canto máis lle
quitas, máis grande é
O FURADO
4.¿Cal é o bicho que máis pica na panza?
A FAME
5.Un fato de señoras, que cando mexa
unha, mexan todas.
AS GOTEIRAS
6.O que o fai, non o quere o que o
compra non o usa e o que o usa non o ve.
O ATAÚDE
7.Nacín na auga na auga me criei se me
pos na auga na auga morrerei
O SAL
8.Auga me chamo de nome, ardente é o
meu corazón; o que non o atine é un
gran borricón.
A AUGARDENTE
9.Ten dentes e non come, ten cabeza e
non é home
O ALLO
10.Igrexa pequena, sancristán rebulidor e
os santiños que ten diante, todos son da
mesma cor
A BOCA, A LINGUA E OS DENTES
11.Un que é longo e ten dous redondos,
anda nas calzas e fura nas bragas
AS TESOIRAS
12.¿Qué es lo primero que hace una vaca
cuando sale al sol?
SOMBRA
13.Alto son, barbas teño, ven o burro e
non me defendo
O TOXO
14.Na horta son criada, na horta fun
nacida, e fago chorar a todos, os que me
miran partida
A CEBOLA
0