A DISTANCIA QUE NOS DEIXA A FIESTRA ABERTA
Saúdos moi orixinais dos usuarios e traballadores do Centro de día de RIBADEO
O momento excepcional que estamos a vivir levounos ao confinamento nos nosos fogares. As persoas maiores, coas que convivimos e para as que traballamos, están a vivir este momento cun sentimento de medo, inseguridade e, nalgúns casos, soidade. Consideramos fundamental que a nosa labor profesional, aínda que non poida ser presencial, vaia encamiñada ao seu acompañamento, escoita e apoio.
Durante estas semanas, nas comunicacións telefónicas que mantemos coas persoas usuarias e as súas familias, sempre nos preguntan polas demais persoas do centro, están preocupadas por elas, extráñanse e manifestan o seu desexo de volver a estar todas xuntas de novo.
Por elo propuxémoslles como actividade elaborar un vídeo que tiña como fío conductor o lanzamento dun avión de papel cargado de desexos e pensamentos positivos para compartir entre todas e todos en canto a situación así o permita de novo.
O resultado é o video que podedes visualizar a continuación:
A avaliación da actividade foi máis que positivo, non so conseguimos os obxectivos plantexados (transmitir seguridade e tranquilidade; aportar unha mensaxe positiva; reforzar o sentimento de pertenza; por en valor a aptitude e os coñecementos que nos poden aportar as persoas maoires tamén nestes momentos de crise; etc) senon que as familias e as persoas usuarias quedaron tan satisfeitas que nos demandaron a realización de máis actividades colectivas. Ademais, para nos coma profesionais, supuxo gran estímulo e reforzo positivo de cara a continuar coa nosa labor sempre orientada a mellorar a calidade de vida das persoas maiores.
0
Preciosa proposta de actividade !!dende a nosa casa abrimos FIESTRAS do mundo,chegando a Latinoamérica…agradecemos a todxs os participantes.
Gracias Flor polo teu comentario e o traballo de toda a equipa de Sada. Parabéns!!!
gracias Flor por darme la oportunidad de poder ser parte de esta hermosa iniciativa, desde Montevideo a la distancia, y en recuerdo y cariño de mi abuela Consuelo, que la echo mucho de menos. Bicos
Gracias por esas femosas verbas dende a outra esquina do mundo.