UN 17 DE MAIO DIFERENTE DENDE O CENTRO DE DÍA DE ABADÍN
Ata agora, maio de 2020, todos os centros de día galegos, detíñanse a recordar o 17 de Maio cada ano.
¿Porqué? Porque é a data sinalada para homenaxear a persoas que defenderon a nosa lingua. Gracias a eles, podemos ler libros sobre a cultura da terra dende 1963. Das súas obras xurdiron cantigas, poemas, contos e historias que nos fan remover as emocións.
Dos 57 homenaxeados ata o momento, as traballadoras, as persoas usuarias e os familiares do centro de día de Abadín, escolleron a 10 para investigar sobre curiosidades das súas vidas.
Como neste grupo predominan as mulleres, non deixaron a ningunha das 4 de esta longa lista na que prima o sector masculino. Dos 53 varóns restantes, foron escollidos 6.
Este é o resume obtido tras a investigación. Espero que lles guste. A quén escolleríades vós?