XUNTOS SOMOS MELLORES DENDE O CENTRO DE ORTIGUEIRA

Aparte

XUNTOS SOMOS MELLORES DENDE O CENTRO DE ORTIGUEIRA

Dende a residencia de ORTIGUEIRA nos contan que….XUNTOS SOMOS MELLORES

O confinamento polo Covid-19 levounos no CAPM de Ortigueira a cambiar rutinas, horarios e actividades; requeriu adaptar espazos para cumprir as medidas propostas polos expertxs e tentar así reducir ou minimizar o risco de contaxio. Desde antes incluso de decretar o estado de alarma, no centro xa nos recomendaron encarecidamente non saír ao mercado, a comer os churros ou a selar a quiniela, para evitar concentracións de xente.

A residencia é a nosa casa e ficamos nela. Unha casa grande onde se traballa arreo os 365 días do ano e moito máis nas circunstancias actuais.

Por este motivo, quixemos agradecerlle a todo o persoal a súa implicación, profesionalidade, capacidade e compromiso no coidado das persoas maiores, na nosa atención e benestar. Pintamos unha chea de mans, coas cores dos uniformes do persoal (verde, lila, laranxa e azul), xuntámolas, escribimos en cada unha o nome dxs traballadorxs e colgámolas en forma de guirnalda nos espazos comúns. Sumámonos así ao seu berro: “xuntxs somos mellores”.

Conservaremos na memoria este tempo de peche, lembrando o seu bó traballo e que grazas a elxs o becho non nos visitou.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

AULAS GALEGAS

Aparte

ACTIVIDADES DE AULAS GALEGAS

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

Aquí recopilamos algunha de elas, agardamos que vos axuden a pasar estos días:

Facemos un vaso con papirolexia
Xogo de atención con Lola!
Lembras o que aconteceu cando…
Exercicio adaptado para maiores 1.
Ponlles ritmo aos teus movementos.
Pautas básicas de coidado
Caderno de actividades cognitivas
Traballo de atención e psicomotricidade fina
Hai unha carta para ti

Para aceder o portal de AULAS GALEGAS PICAR AQUÍ

0
Se che gustou podes compartirlo en: