CAMPAÑA ANIMAIS E MEDIO AMBIENTE DENDE O CENTRO DE DÍA DE DODRO
No colexio CPI Eusebio Lourenzo Baleirón de Dodro puxeron en marcha unha campaña que pretende sensibilizar sobre a tenencia responsable de animais de compañía e coidado medioambiental.
Este curso, ligado ao proxecto anual que ten como temática a conexión entre xeracións, fíxose en colaboración coas persoas usuarias do noso centro de día.
Con esta iniciativa preténdese animar á apertura de opcións para que os maiores poidan, nas residencias / centros de día, desfrutar dos beneficios físicos e emocionais que os animais de compañía aportan.
Aquí vai unha mostra do noso gran de area: 3 usuarias do centro de día de Dodro posaron co seu can ou co de algún outro que colaborou na sesión de fotos.
Moitas grazas ao persoal do colexio, ao alumnado, á familia de Aurelia, a Gina, Carmucha e Aurelia e, por suposto, a Odi, Luna, Sopa, Gilada, Pepe e Balú.