“Sementando emocións” dende o Centro de Día de Tomiño

O alumnado do FP de Técnico en aproveitamento e conservación do medio natural do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño quixeron compartir os seus coñecementos en poda de árbores e arbustos e a realización de centros florais coas persoas usuarias do Centro de Día de Tomiño.

O primeiro día a xornada comezou cunha pequena explicación por parte do alumnado de como é o seu día a día no centro de estudos. Posteriormente fixemos un traballo colaborativo de preparación das árbores do xardín de cara o verán e tamén realizando centros florais para decorar o centro. Durante a xornada convidamos ó alumnado a unha merenda onde compartimos coñecementos e anécdotas. Desta conversa xurdiu a invitación para coñecer o seu centro educativo e alá que nos fomos para coñecer de primeira man como é o día a día do alumnado. Novamente foi unha xornada marabillosa onde nos agasallaron con algunhas plantas para que puidésemos darlle vida ó xardín de cara o verán e puidemos compartir novamente un almorzo onde lles fixemos unha pequena mostra de escritura en árabe.

Foi unha xornada chea de recordos agradables que esperemos só sexa a primeira de moitas.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.