O 16 de Xuño, realizamos unha saída conxunta co centro de día Agadea (Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer) de A Estrada, onde visitamos a CELGA (Central Leiteira Galega) de Cuntis. Alí déronnos unha breve explicación sobre o proceso que seguen para elaborar o queixo e agasalláronnos cunha pequena degustación de todos os queixos que alí fan. Trala visita, compartimos un café nun bar do pobo.
Foi todo un pracer e nunca mellor dito!!
Aquí vos deixamos unhas fotos desa mañá.
