CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE DENDE O CENTRO DE DÍA DE PROBRA DO CARAMIÑAL

O 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, coa finalidade de sensibilizar á poboación a cerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto ó medio ambiente. Esta actividade foi dirixida ás persoas usuarias do CAPM A Pobra do Caramiñal, ós nenos/as da escola unitaria do Vilariño (A Pobra do Caramiñal) e a un grupo de persoas do centro de día Porto do Son.

Con estas actividades o que se pretende é a interacción dos nenos/as coas persoas maiores, para así romper estereotipos relacionados coa idade e deste xeito empoderar ás persoas maiores, ademais da finalidade que ten a actividade que é concienciar sobre a importancia de manter limpo o medio ambiente.

A actividade realizouse na Praia do Areal, que se atopa na contorna do centro e consistiu na recollida e reciclaxe de lixo que íamos atopando polos distintos puntos da zona. Ó chegar, dividimos as persoas participantes (nenos/as e persoas maiores) en grupos, e repartiuse o material preciso (luvas e bolsas de lixo), para comezar a recoller todos os desperdicios que se ían atopando pola praia. Coa práctica desta actividade axudaranos a ser máis críticos co estado do medio que nos rodea.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.