COXÍNS ONCOLÓXICOS DENDE O CAMP DE ARTEIXO

O 9 de xuño, a clase das ras do CEIP Ponte dos Brozos fíxonos unha visita. Compartimos tempo de agarimos e risas, mentres colaboramos para unha boa cousa. Xuntos, preparamos coxíns oncolóxicos para mulleres que son operadas de cáncer de mama. Puxémonos en contacto coa asociación do cancro da xunta local de Arteixo, e amosaron gran interese por colaborar con todos nós nesta actividade. Aparte dos profesionais do centro e do colexio, tamén acudiron os pais e/ou nais do alumnado da clase das ras.

Non só aprendemos cal é o proceso de crear coxíns, se non que fomentamos a educación en valores e contribuímos utilmente a nosa comunidade, Arteixo. Dende o centro amosamos gran compromiso co movemento asociativo, para facer da nosa sociedade un lugar mellor e poder ensinar aos mais pequenos, cal é a importancia de contribuír a sociedade e a satisfacción que iso produce.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.