Con motivo da celebración do Arde Lucus, que foi nomeada Festa de Interés Turístico Internacional no presente ano, os traballadores do CD O Corgo, despois de consultar cos usuarios organizaron unha visita a esta festa.
Previamente, fixeron unha coroa de Loureiro para ir ataviados da época e o venres día 26 abriunos a súa porta o Campamento Breogán. Aquí un traballador do Consorcio, Víctor, membro da asociación desta campamento, recibiunos e explicounos o que acontece durante tódalas festas, así mesmo amosounos o seu campamento e máis o dos Romanos.
Ao rematar a visita fumos a tomar algo ás terrazas, nas que xa imperaba un ambiente moi festivo.
0