Un ano máis chegou o San Xoán, data máxica chea de tradicións e supersticións e moi celebrada en Galicia, e non ía ser menos no Centro de Día de Abadín, pois é unha das celebracións máis esperadas no noso Centro.
Para celebralo como se merece, no noso Centro adicamos o 23 de Xuño a seu festexo.
Pola manan as persoas usuarias e traballadoras preparamos as flores, que con agarimo e ilusión trouxeran as persoas usuarias, para cumprir coa primeira das tradicións : enramar o Centro antes do anoitecer co fin de evitar que as meigas entrarán nel nesa noite máxica. Tamén preparamos a auga de San Xoán cos coas “herbas de San Xoan”, romeu,…, costume moi estendida na comarca.
Como novidade este ano, anotamos nun pergamiño un desexo e un “mal” para queimar no Lume Novo, ritual pouco coñecido na nosa contorna pero si noutros lares da nosa Terra.
Tras degustar un rico e especial menú de San Xoán , onde non faltaron as sardiñas, chegou a hora do renovador e purificador Lume Novo, o cal foi o mellor fin de festa para rematar a celebración. As persoas usuarias e traballadoras, bailamos, aturuxamos e, como non, saltamos a cacharela as 7 veces como ben manda a tradición na nosa contorna.
Moita festa, moita cultura tradicional,… e moitísima maxia. Viva o San Xoán no Centro de Día de Abadín!!!
0