A equipa do centro de día de Vigo – Coia quere compartir un momento moi emotivo que tivo lugar o 7 de xuño de 2.023. Don Albino comezou o día 1 de xuño no centro cun gran sorriso e demostrando a súa amabilidade ós compañeiros/as e profesionais do centro, pero cun gran pesar interno: separase durante 8 horas ao día da que é a súa esposa desde hai 60 anos. Para axudarlle nestes primeiros días de adaptación ó centro, as súas profesionais de referencia pensaron en facer unha celebración especial do seu cumpreanos que coincidiu 6 días despois do ingreso, sabendo que para el esta sempre foi unha data importante.
Como don Albino foi xogador profesional de fútbol nos anos 50, unha etapa da súa vida que recorda a miúdo, conseguiron un póster da Fundación “Celta de Vigo” onde aparece a súa fotografía así coma o resto dos seus compañeiros da época. El sentiuse moi agradecido por este recoñecemento o día do seu cumpreanos e nos días posteriores mellorou o seu estado de ánimo no centro de día.
Esperamos que esta mostra de atención personalizada e intervención psicosocial no período de adaptación inspire a outras equipas dos centros de día!!
2