Dende o CAPM Cambados celebramos o San Xoán, festividade moi popular e moi significativa para as persoas usuarias .
Decidimos elaborar a tradicional auga no centro de día, para que as persoas usuarias a puidesen levar logo para o domicilio e facer uso dela.
Para a preparación necesitáronse as sete herbas de San Xoán: fiúncho, herba Luísa, Xesta, fentos, malva e romeu. Cada unha delas ten as súas propiedades.
As persoas usuarias trouxeron estas herbas para a elaboración e aproveitaron para contar algunha que outra historia de cando eran pequenas e que tradicións tiñan ese día. Así mesmo, a medida que se ía elaborando a auga foron explicando que tipo de planta era e fíxose especial fincapé no cheiro característico de cada unha.
A continuación amosámosvos unhas imaxes de todo o proceso.
0