CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS DENDE O CENTRO DE DÍA DE BEGONTE

Por mor da celebración neste mes das Letras Galegas, ademais de falar do autor homenaxeado este ano (Francisco Fernández del Riego), levamos a cabo dúas actividades extraordinarias temáticas en torno a dita festividade. Por un lado unha celebración con música galega en directo coas familias cun grupo tradicional de pandereteiras de Guitiriz “na casa do Zoqueiro”. Por outra banda a participación de Isabel Pérez Castedo (88 anos) cun recital de poemas en galego acompañada de pandeireta e castañolas. O goce mediante a música e baile foi a tónica da celebración realzando a nosa lingua e cultura propia.

9
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.