Saída guiada ao porto exterior de Ferrol.

O 24 de maio de 2023, seis persoas usuarias do centro de día de Ferrol-Caranza, acompañadas de dúas traballadoras participaron na visita guiada ao porto exterior de Ferrol. Dita actividade, forma parte do programa lúdico para maiores de “Ferrolearte + 60” do Concello de Ferrol.

A actividade tivo unha duracción de tres horas, ás 11:30 horas dende o edificio da autoridade portuaria un autobús levou aos participantes ata o porto exterior con regreso ás 14:30 horas. Tratouse dunha actividade divulgativa e didáctica, na que se puideron contemplar grandes buques. O guía da actividade, explicou que o porto inagurouse no ano 2007, despois realizaron un percorrido entretido con datos interesantes como que as grandes montañas de carbón que estaban no porto son utilizadas para a produción de enerxía eléctrica na central de As Pontes e as moreas de madeira para fabricar mobles e papel. Na dársena observaron dous grandes guindastres da terminal de contenedores, as mercancías chegan por diferentes rutas polos océanos Índico e Atlántico dentro de contenedores. Para finalizar, tiveron un tempo para disfrutar da marabillosa vista panorámica da ría e realizar unhas fotografías como recordo.

As persoas usuarias mostraron a súa satisfación por visitar unha parte da cidade ferrolá que non é coñecida para a poboación.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.