PUZLES

Puzles (Centro de día de AS PONTES)

No centro de día de As Pontes os puzzles son unha das actividades de estimulación cognitiva con máis éxito. Creemos que en parte esta elección dos maiores débese a que son coñecedores dos múltiples beneficios que esta actividade reporta a calquera idade.
¿Por qué é bo realizar puzzles?
– Melloran a capacidade de observación e atencional.
– Fomentan a capacidade de razoamento perceptivo.
– Estimulan a memoria visual.
– Potencian a orientación espacial.
– Entrenan a psicomotricidade fina ó ter que manipular pequenas pezas con precisión para a súa colocación.
– Promoven o benestar emocional e relaxación.
– Estimulan a motivación de logro, é dicir a capacidade de esforzarse para conseguir os obxectivos que nos propoñemos.
– Melloran a autoestima tendo unha gran sensación de satisfacción ó finalizalo con éxito.
– Si se realizan de forma grupal promóvese ademáis a interacción social e cooperación.

Si ben é certo que á hora de realizar a nosa proposta, debemos adaptar tanto a actividade en sí mesma como as características do puzzle ás capacidades de cada maior xa que do contrario aparecerán sentimentos de frustración que obstaculizarán o aproveitamento da actividade. Por exemplo:
Se un maior ten dificultades para ver ou manexar pezas pequenas, decantarémonos por un puzzle de menos pezas pero máis grandes que facilitan a visión clara do debuxo e a fácil manipulación.
Preferiblemente elixiremos puzzles de imaxes non infantís o que evitará que o maior a rexeite por considerala unha actividade de nenos.
Os maiores que atopen dificultade para os procesos constructivos seralles de axuda contar cunha fotografía do puzzle como modelo a seguir.
Tamén facilitarlles indicacións verbais ó longo do proceso (non tanto a modo de corrección se non máis ben de guía e motivación) serviralles de gran axuda.


Secuenciar a actividade en subactividades máis sinxelas, facilitará a execución da actividade.
Contámosvos a continuación os pasos que seguimos para construir o puzzle de 300 pezas co que se atreveron os nosos maiores…

  1. Entre varios maiores contaron as pezas para asegurarse de que estaban todas.
  2. Clasificaron as pezas en dous grandes conxuntos en función de si tiñan lados rectos (conxunto 1) ou non (conxunto 2).
  3. Localizaron no conxunto 1 as 4 pezas que tiñan 2 lados rectos (polo que xa nos aseguramos ter as esquinas do puzzle sendo as primeiras que colocamos).
  4. Para comezar a construir os bordes do puzzle clasificaron as pezas do conxunto 1 por cores e comezaron a colocalas seguindo o modelo.
  5. Unha vez construidos os bordes comezaron co interior clasificando as pezas restantes (conxunto 2) en función de si tiñan debuxadas flores, auga, ceo, ou árbores e comezaron a montar por partes seguindo o modelo.
    Esta secuenciación permitíunos implicar a cada maior na subactividade máis axeitada ás súas capacidades individuáis, polo que finalmente foi un traballo moi colaborativo e enriquecedor para tódolos que participamos.
0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.