REDACCIÓN GUIADA DENDE O CENTRO DE DÍA DE MUROS

Esta redación está pensada para que poidas expresar as túas vivencias e
impresións sobre a situación que estamos a vivir nestes momentos de
confinamento no fogar, a causa do CORONAVIRUS. Para iso, hai unhas
preguntas, polas que te podes guiar, e ir contestando, ou facela de corrido
co que ti queiras dicir e contar, como prefiras. Espero que isto axude a
levar mellor o aburrimento e tamén a reflexionar sobre o acontecido. Animámoste a que deixes os teus comentarios.

  • Cal foi a primeira noticia que tiveches sobre o Coronavirus?
  • Onde comezou todo e como se propagou?
  • Criches que chegaría a afectarnos desta maneira?
  • Onde estabas, e que estabas a facer cando soubestes a noticia do confinamento?
  • Que crías que era iso do confinamento, e como pensaches que che ía afectar?
  • Como te sentiches nos primeiros días ante a situación de quedar nac asa sen poder saír?
  • Como afectou ao teu estado de ánimo?
  • Que estás a facer para entreterte na casa?
  • Crees que esta medida do confinamento é suficiente para conseguir
    vencelo virus?
  • Que outras cousas se poderían facer para que isto mellore?
  • Cando pensas que se vai solucionar este problema co Coronavirus e que poderemos volver ao centro de día?
  • Sabes o que é unha pandemia?Que consecuencias crees vai ter esta pandemia para todos (comercio, turismo, industria, construción, nenos, adultos…) cando isto remate?
  • Se vivistes o tempo da guerra, veslle algún parecido ao que estás a vivir agora?, e si é así, que diferencias hai?
  • Que é o primeiro que che gustaría facer cando isto remate?, que é o que máis botas de menos?
0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.