Dende o Centro de día de MUROS nos invitan a facer un pequeno DIARIO DE CONFINAMENTO
Imos facer unha especie de diario. Nunha libreta ou folios, escribes cada día a data en primeiro lugar, despois escribe unha noticia do día, da televisión ou da radio, unha noticia que che chamara a atención, que non teña que ver coas mortes provocadas polo virus, e o motivo polo que a escribes, despois escribe o que fixeches durante o día.
Por exemplo:
Luns día 13 de abril de 2020
Hoxe vin no telexornal do medio día que estaba a policía local repartindo
mascarillas a tódalas persoas que ían para traballar para que estiveran protexidos.
Chamoume a atención esta noticia porque non esperaba que se puxeran a parar a tódolos coches, co traballo que da iso e deran as mascarillas, están a facer unha labor moi importante para que nos manteñamos sans e poidamos salir desta situación o antes posible.
No día de hoxe almorcei ás 9:00 da mañá, un pouco de leite e unhas galletas,
mentres vía o telexornal, cando rematei fixen a ximnasia que me enviaron do centro de día, e despois, fixen as camas pasei a escoba, quitei o po dos mobles, puxen unha lavadora… co que tiña que facer xa case se me pasou a mañá. Comín, coma sempre, a 1 da tarde, un pouco de lasaña que fixo a miña nora, e despois de recoller a cociña e fregar os cacharros, descansei un pouco no sofá, e logo púxenme a facer algún dos exercicios que me mandaron dende o centro de día………(escribe todo o que queiras sobre o día).