ESTIMULACIÓN DO RENDEMENTO DAS CAPACIDADES MENTAIS

ESTIMULACIÓN DO RENDEMENTO DAS CAPACIDADES MENTAIS

Dende o centro de día de CABANA DE BERGANTIÑOS , dan ideas de como mellorar o rendemento das capacidades mentais, para evitar ou frear o seu deterioro, e estimular os recordos e así mellorar a autoestima.

Para ter en conta: hai persoas que non teñen ningún tipo de deterioro a nivel cognitivo pola contra hai outras persoas usuarias que presentan deterioro cognitivo a diferentes niveis. Por iso temos que adaptar o nivel de dificultade ás capacidades da persoa.

Por regra xeral, a memoria a curto prazo é a primeira en deteriorarse (ex: recordar que día é, que comeu hoxe…) e a memoria a longo prazo soe manterse durante máis tempo (ex: recordar como se chamaban os seus pais, algunha anécdota de cando era pequeno/a.)

Actividades:

– Preguntarlle á persoa sobre cousas recentes: (ex: a que hora se levantou hoxe, que comeu, en que mes estamos, que lle gusta ver na tv, o nome do presidente do goberno ou da Xunta…)

– Biografía: preguntarlle a persoa cousas do seu pasado dende a infancia, a súa familia de orixe (recordar nomes dos seus avós, pais, irmáns..), a mocidade, o traballo, a vida adulta…

– Recordamos mediante estímulos: ademais de a través preguntas directas podemos inducir recordos da persoa mediante outros estímulos como poden ser:

1. Recordamos coas nosas fotos: xa que estades na casa seguro que

tedes moitas fotografías que vos poden servir para recordar xuntos

vivencias importantes (nacementos, festas, vacacións..) e a persoas

(familiares ou amigos).

2. Obxectos: ex: unha máquina de coser antiga que teña na casa (pode

recordar quen a comprou, quen a empregaba e para que, algún

acontecemento relacionado coa máquina…

3. Sons: todos temos determinados sons asociados a algún recordo.

(Ex: o son do mar, dun tren, o repicar das campás ….)

4. Un olor: ex: o olor dunha colonia que usaba a súa nai, o olor dunha

comida que lle gustaba cando era pequena e que lle trae recordos da

súa infancia…)

5. Cancións e películas: Seguro que coñecemos as cancións que

sempre lle gustaron á persoa ou un determinado cantante polo que

tiña fascinación. Podemos buscar esas cancións (a Rianxeira, A Saia

da Carolina…) ou cantantes (Rocío Jurado, Manolo Escobar, Julio

Iglesias …). Simplemente escoitando traeranlle moitos recordos que

podemos axudarlle a verbalizar e si a persoa quere pode incluso intentar repetir a letra e bailar.

Aínda que en menor medida, pode haber tamén algunha película da época que lle traia recordos. Podemos intentar saber cales son e velas xuntos.

– A caixa dos recordos: a idea é gardar nunha caixa obxectos que foron ou son significativos para a persoa como poden ser fotografías, cartas, algunha xoia herdada, unha prenda, algún adorno…. cando a persoa os vaia sacando explicaranos os recordos que lle traen.

– A liña do tempo: É unha actividade que está constituída por dous grandes espazos paralelos: os acontecementos mundiais e nacionais e os feitos persoais. No espazo dos feitos persoais anotaremos os datos biográficos importantes: nacemento, ano de inicio da escola, servizo militar, data de inicio de traballos, voda, nacemento de fillos… Automaticamente estas datas quedan en paralelo cos acontecementos «públicos» significativos (acontecementos sociais e políticos, como por ex. o inicio ou o fin de guerras, os presidentes do propio país e doutros países, os cantantes máis coñecidos da época…). Intentaremos que a persoa relacione diferentes feitos históricos coas diferentes etapas da súa vida (a infancia, mocidade, de fillos…). Por ex. pregúntaselle á persoa que lembre que idade tiña e que sucedeu na súa vida o ano que morreu Franco (ou como se decatou da noticia …); ou que sucedía en España o ano que casou ou cando naceron os seus fillos…

TERAPIA DE ORIENTACIÓN A REALIDADE

Que facer: Podemos facelo de maneira oral ou escrita, co xornal, si o temos ou coas propias noticias da TV.

Obxectivo: poñernos o día co que acontece.

Actividades:

1. Comezaremos pola orientación temporal: en que día nos atopamos, mes do ano, estación, fai bo tempo ou malo… En caso de dúbidas podemos dar pistas.

2. Enumeración dos días da semana, dos meses do ano, das estación… todo o que se nos ocorra é válido para que a persoa este orientada.

3. Podemos recordar datos significativos que pasaron hai anos por estas datas, aproveitando que estamos na casa repasar conxuntamente datas sinaladas para o usuario. Por exemplo: cando se casou, cando tivo o primeiro fillo, cando foi avoa…

4. Tamén aproveitaremos para orientarnos en onde estamos: en que lugar nos atopamos, en que concello, parroquia, en que vivenda, en que zona da vivenda…

5. Finalmente ou de maneira paralela comentaremos e informaremos das noticias destacadas do día actual, intentando que sexan o menos negativas posibles, para non preocupar ou entristecer á persoa.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.