TRABALLAR A ATENCIÓN

TRABALLAR A ATENCIÓN

Anímaste a estimular a capacidade de atención? Dende o centro de día de CABANA DE BERGANTIÑOS ofrecen ideas interesantes

Para ter en conta: coma en anteriores actividades debemos ter en conta as capacidades cognitivas do noso familiar xa que hai persoas que pola súa patoloxía teñen moi limitada a capacidade de atención.

Actividades:

– Series numéricas: pedímoslle ao noso familiar que conte do 1 ao 20 (ou do 1 ao 30-40…), de 2 en 2; de 3 en 3; de 5 en 5 ….

–Que a persoa diga os días da semana/meses de ano en orde inversa (desde o último ao primeiro) ….

– Recitar os números á inversa: (ex. do 20 ao 1., ou do 40 ao 1 …).

– Buscar letras nun texto: pedímoslle que marque de cor vermella todas as letras “m” dun texto e despois de azul todas as “o”. Para isto podemos empregar unha revista ou un xornal que teñamos por casa en caso de persoas con déficit visual sería mellor empregar un texto adaptado con letra máis grande.

– Observación de imaxes: cunha revista que teñamos na casa pedirémoslle que nos describa o que ve na foto. Despois podemos pedirlle que busque un determinado obxecto que apareza na foto.

– Tamén podemos pedirlle que durante dous minutos observe o que hai na habitación na que estamos. Despois cos ollos pechados pedirémoslle que recorde cousas: (ex: de que cor e o noso xersei, cantos cadros hai nas paredes, de que cor é a colcha da cama, que adornos hai ….

– Tamén podemos facer o anterior cunha foto dunha revista, ou dun libro. É dicir, que a observe durante uns minutos e despois, sen que a vexa, nos diga as cousas que aparecían ou nós facerlle preguntas sobre a mesma.

– Con varios obxectos (catro ou cinco) despois de mostrarllos e deixarlle que os toque agocharémolos e pedirémoslle que nos diga cales eran. Podemos pedirlle tamén que nos digan as características deses obxectos (ex: para que serven, textura, cor…).

– Outra actividade con obxectos sería meter varios obxectos pequenos

nunha bolsa ou caixa para que a persoa non os vexa e soamente mediante o tacto nos diga que cousas son (ex: cepillo de dentes, culler, un dedal …)

– Números con tarefa: podemos pedirlle que recite os números do 1 ao 10 asociando a cada número unha tarefa. Ex: cos pares dar unha palmada e cos impares un golpe enriba da mesa.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.