TRABALLO DE CÁLCULO E AXILIDADE MENTAL

TRABALLO DE CÁLCULO E AXILIDADE MENTAL

Algunha idea dende o centro de día de CABANA DE BERGANTIÑOS para traballar e manter a capacidade de cálculo e axilidade mental.

Adaptaremos as actividades en función do grao de escolaridade da persoa (ex: hai persoas que poden realizar sumas, pero non restas ou outras operacións máis complexas). As actividades pódense facer de maneira escrita ou oral.

Actividades:

– Recoñecer números simples: mostrar á persoa números e pedir que os recoñeza. (Ex: marcar un número de teléfono). Tamén podemos dicirlle nós os números e que os escriba nun papel.

– Xogo con dados: podemos tirar dous dados e pedir á persoa que sume o seu valor ou que o reste. Para facer máis complexa a actividade podemos facelo con un maior número de dados.

– Recoñecer o valor do diñeiro: dar unha serie de billetes e moedas á persoa e pedir que calcule cantos cartos hai. Podemos pedirlle despois que nos diga que podería comprar con esa cantidade.

– Sumamos: podemos pedirlle que realice de forma oral ou escrita sumas simples ou dependendo das capacidades máis complexas.

– Restamos: igual que coas sumas para as persoas que teñan a capacidade podemos pedirlle que realice de forma oral ou escrita restas simples ou máis complexas.

– Ordenar números: podemos escribir nun folio varios números e pedirlle que os ordene de maior a menor ou a inversa. Tamén podemos

simplemente pedirlle que nos diga cal é o menor ou maior do listado.

– Imos a compra: podemos simular que facemos unha compra en casa.

Poñendo determinados produtos nunha lista e calculando o que nos

custarían. Tamén podemos calcular o que nos teñen que devolver (ex: si o total da compra son 43 euros e lle entregamos 50, canto nos teñen que devolver. Esta actividade para ser máis visual podemos recortar alimentos.

dalgún folleto de supermercado e seleccionar os que queiramos para a nosa compra.

– Control do tempo: planificar horarios tamén é unha forma de cálculo. Ex:

Podemos pedir á persoa que nos diga a hora na que se tería que levantar para chegar ao centro ás 10 da mañá, ou a hora na que debe empezar a preparar unha paella para xantar as dúas da tarde…)

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.