ESCRITURA

ESCRITURA

Conservar e exercitar a capacidade de escritura e moi importante, por iso dende o centro de día de CABANA DE BERGANTIÑOS, nos dan algunhas ideas

A maioría das actividades que propuxemos de forma oral tamén podemos realizalas de forma escrita co noso familiar. Pero debemos ter presente a posible afectación, o grao de escolarización, posibles problemas visuais e tamén se a persoa ten hábito de escribir.

Actividades:

– Escribir a diario o seu nome e apelidos, día da semana e onde vive.

– Escribir a lista da compra.

– Escribir nun papel listados de: prendas de roupa, medios de transporte, froitas, animais domésticos, animais salvaxes, nomes de muller, nomes de home, cidades españolas, capitais mundiais……

– Recordar e escribir refráns

– Podemos mirar pola fiestra e escribir o nome das cousas que vemos no exterior: (un coche, unha árbore, un farol…)

– Abecedario: escribir palabras que empecen por unha determinada letra (ex: pola letra l: libro, lápiz, liteira, loro…)

– Recordar e escribir a letra dunha canción.

– Facer un pequeno ditado, podemos empregar noticias do xornal, algún texto dun libro…

– Pedir á persoa que escriba unha receita de cociña. Incluso se ten varias podemos recompilar con ela e facer un pequeno receitario.

– Animar á persoa e ofrecerlle a nosa axuda se o precisa para escribirlle unha carta a algún familiar ou amigo. Tamén pode dirixir a carta a algún compañeiro ou compañeira do centro de día contándolle como está pasando estas semanas.

Cando a capacidade de escritura está máis afectada:

– Podemos adestrala en escribir o seu nome.

– Podemos intentar que a persoa copie desde letras a palabras ou frases simples.

Tamén podemos empregar cadernos de caligrafía se dispoñemos deles ou simplemente debuxar letras ou formas con puntos e que a persoa maior os una cunha liña.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.