TRABALLO DE LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
Dende o centro de día de CABANA DE BERGANTIÑOS, nos presentan alternativas de traballo para conservar e exercitar a capacidade de lectura e a comprensión lectora.
Para este aspecto ademais do grao de escolarización tamén é importante valorar se a persoa presenta limitacións cognitivas ou visuais. No caso de presentar limitacións visuais nalgúns casos pódense paliar co uso de lentes adecuadas ou cunha letra dun maior tamaño.
Actividades:
– Ler en voz alta: os titulares do xornal, unha receita de cociña, un texto dun libro ou dunha revista, etc.
COMPRENSIÓN LECTORA:
Para ter en conta: ademais de que a persoa sexa capaz de ler tamén é importante que entenda e saiba o que le. Para valorar a comprensión lectora podemos empregar as seguintes actividades:
Actividades:
– Ler refráns e interpretar o que queren dicir.
– Que a persoa maior lea unha noticia do xornal en voz alta e despois
comentala.
– Ler unha receita de cociña e despois levala a cabo.
– Ler a lista da compra.
0