TRABALLANDO A LINGUAXE

As profesionais do centro de día de CABANA DE BERGANTIÑOS, fan unha proposta para traballar a linguaxe

Para estimular e manter a capacidade de linguaxe das persoas usuarias, así como a comprensión verbal, ofrecemos estas actividades son xenéricas polo que hai que adaptalas ao noso familiar. É dicir dependendo das capacidades cognitivas, auditivas, de afectación da linguaxe etc, haberá actividades moi simples para determinadas persoas e para outras, as mesmas actividades, poden resultar moi complexas.

1) CONVERSAR:

Intentaremos manter conversas coa persoa con frecuencia ao longo da xornada.

No caso de persoas cun deterioro cognitivo avanzado no que a persoa non sexa capaz de manter unha conversa coherente é importante igualmente, falarlle con frecuencia e intentar interpretar o que nos quere transmitir.

Actividades:

– Saudar: Dar os bos días, boas noites.

– Orientar á persoa en día e hora.

–Preguntarlle como pasou a noite contarlle como o fixemos nós. Falar das situacións do día a día: (ex: do tempo que fai, que día é, que imos facer para xantar…)

– Comentar algunha noticia do xornal ou da tv.

2) DESCRICIÓN DE IMAXES:

Para ter en conta: hai persoas que poden presentar limitacións cognitivas ou visuais (cataratas, hipermetropía …) que lle dificulten esta actividade.

Actividades:

– Podemos empezar pedíndolle que describa algún obxecto que hai na

habitación onde estamos e nós adiviñar de que se trata. Que describa:

como é (cor, tamaño …), para que sirve (para comer, para limpar…)

– Buscamos imaxes nunha revista e pedímoslle que nos describa o que

aparece na imaxe.

– Podemos mirar pola fiestra e describir os obxectos que vemos no

exterior: (un coche, unha planta, unha casa…)

3) REPETICIÓN:

Para ter en conta: debemos intentar vocalizar ben, e ter en conta as

posibles dificultades auditivas da persoa.

Actividades:

– Pedirlle ao noso familiar que repita as palabras que lle imos dicindo,

podemos ir aumentando a dificultade con palabras máis complexas e

frases curtas e finalmente frases máis longas. Ex: casa, coello,

bolboreta, Xixón, a bolboreta voa polo ceo, a bolboreta azul e branca é

fermosa e voa polo ceo ….

– Pedirlle á persoa que repita algún refrán que coñeza con nós. Ex: (nunca

choveu que non escampara)

4) VOCABULARIO:

Actividades:

– Antónimos: que diga o contrario de diferentes palabras (grande, rápido, caro…), podemos darlle pistas: senón é alto é…, senón é bonito é…..)

– Sinónimos: neste caso pedirémoslle que nos diga outra palabra que

signifique o mesmo (ex: rápido- veloz, casa- vivenda- fogar).

– Facemos categorías: Que diga que teñen en común diferentes cousas (como por ex. Un can, un gato e unha ovella: teñen en común que son animais; o vermello, o verde e o azul: que son cores; xaneiro, marzo e xuño, que son meses do ano…).

– Enumeramos: pedímoslle que nos diga que cousas se poden atopar en diferentes sitios (ex. Cousas que hai nunha habitación, cousas se poden mercar nun supermercado, cousas que hai no campo…), pedímoslle que enumere animais domésticos, animais salvaxes, medios de transporte, enumerar nomes de muller, nomes de home, cidades españolas, nomes de ríos….

– Definicións: Describir algo para que a persoa intente adiviñar de que

falamos. (ex: moble formado por un taboleiro horizontal, sostido

habitualmente por catro patas (mesa), vehículo a motor de catro rodas

(coche)

– Abecedario: pedímoslle que nos diga cousas que empezan por unha

determinada letra (ex: por a: avión, automóbil…). En caso necesario

podemos darlle pistas empezando nós a palabra ou definíndoa para que a adiviñe.

5) COMPRENSIÓN VERBAL:

Para ter en conta: A comprensión verbal require ter seguridade en que a persoa nos escoita e cunha memoria de traballo normal ou deterioro leve.

Actividades:

– Comprensión de indicacións verbais: empezaremos facéndolle

peticións verbais sinxelas: (ex: toca cunha man unha orella, toca coa

man esquerda a orella dereita, abre e pecha a boca, levanta a perna

dereita…Seguiremos con indicacións máis complexas: (ex: coloca tres

vasos enriba da mesa, abre a porta da neveira e trae un iogur de fresa …

– Refráns: podemos buscar e recordar refráns e pedirlle ao noso familiar que nos diga que quere dicir cada un (ex: na casa do ferreiro coitelo de pau e na do carpinteiro sentarse no chan)

6) CANCIÓNS:

Actividades:

– Empezamos a cantar algunha canción que saibamos que coñece e que lle gusta para que a persoa a continúe con nós.(ex: a saia da Carolina…., Mi carro me lo robaron…..)

– Poñemos algún Cd de música que coñeza para que a persoa se anime a cantar por si mesma ou polo menos que estea atento a letra da canción.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.