NOTICIAS POSITIVAS

Non todas son malas novas… nesta época tamén suceden cousas positivas, que nos achegan dende os Centros de día de FERROL ESTEIRO e FERROL CARANZA


Nesta época de confinamento e emerxencia sanitaria, non tódolos
acontecementos no Mundo son negativos, tamén existen noticias
positivas, e curiosidades, que queremos compartir con todos vos !!

“A NATUREZA RESPIRA SEN A NOSA PRESENZA”

Mellora histórica da calidade do aire: Unha das consecuencias “positivas”
do confinamento é a mellora da calidade do aire nas nosas cidades, debido á redución do tráfico e a unha menor actividade industrial, con cifras mínimas históricas nos índices de contaminación.

Mejora histórica de la calidad del aire

A imaxe científica demóstrao: os canais de Venecia están máis limpos: Os esforzos de Italia para eliminar a propagación da enfermidade por coronavirus, reduciu o tráfico das embarcacións nas famosas vías fluviais de Venecia. O Satélite Copernicus Sentinel – 2 demostra que a contaminación das súas augas veuse reducida substancialmente, habendo maior cantidade de peixes.

https://www.eleconomista.es/status/noticias/10487555/04/20/La-imagen-cientifica-que-lo-demuestra-los-canales-de-Venecia-estan-mucho-mas-limpios.html

Delfíns en Barcelona, nun porto sen ruído nin movemento convértese na súa zona de recreo en pleno confinamento: As cidades levan semanas practicamente desertas, sen ruídos, sen movemento. O estado de alarma e o obrigado confinamento, sitúa aos humanos nas nosas casas, deixando o espazo libre e tranquilo para o resto dos animais que habitan este planeta. E son precisamente eles, os que nos regalan as mellores imaxes estes días, as que nos fan sorrir e mirar o futuro con esperanza. É o caso dun grupo de delfíns que xoga sen medo no Porto de Premiá de Mar, preto de Barcelona.

Dous osos pandas en cativerio aproveitan o confinamentopara reproducirse por primeira vez: No parque zoolóxico de Hong Kong están de noraboa. Alí dous pandas cautivos aproveitaron o peche das instalación pola crise do Coronavirus, para aparearse de forma natural, por primeira vez en 10 anos, tal e como puideron documentar en vídeo. Unha moi boa noticia, para unha especie animal, cun índice de reprodución en cativerio moi reducido, e ademais en perigo de extinción.

“ PERSOAS IMPLICADAS CO PLANETA”

Un único home planta 152 millóns de árbores para reforestar manglares en Senegal: Un xubilado plantou a incrible cantidade de 152 millóns de árbores nun período de 10 anos, dende o 2009,á beira do río Casamansa en el Senegal. Os esforzos de Haïdar el Ali, de 67 anos, están asegurando un dos maiores legados na historia da reforestación moderna a gran escala. El só restaurou todo un bosque de manglares (ecosistema costeiro de transición entre terrestre e mariño) no país africano.

Un sólo hombre planta 152 millones de árboles para reforestar manglares en Senegal

“ E NA NOSA TERRA GALEGA”

A Ribeira Sacra xa é candidata a Patrimonio da Humanidade: Trátase da única candidata española a este recoñecemento, que busca catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia cultural ou natural excepcional para herdanza común da humanidade; ademais poden obter financiación para a súa conservación; e sen obviar a repercusión turística
que conleva. A Unesco decidirá no 2021 se lle outorga o recoñecemento.
A Ribeira Sacra é a paisaxe simbólica máis occidental da Europa continental, sinalan no comunicado do Ministerio Cultural. Localizada nos vales do Sil e do Miño, reúne un conxunto de cenobios, mosteiros, igrexas, capelas e cruceiros, que pola súa variedade e densidade, configuran un espazo cultural único en todo o Mundo. Sen esquecer toda a súa fermosa xeografía e cultura vitivinícola.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.