Día da Nai Terra (Centro de día de Ribadeo)
La tierra es raíz y fuente de nuestra cultura” Rigoberta Menchú (lider indíxena guatemalteca).
As veces a sabedoría está máis preto do que cremos, simplemente hai que escoitar aos nosos maiores…. A actividade que vos propoñemos trata disto, de aprender escoitando as persoas maiores coas que convivimos, axudándolle a lembrar os seus recordos en relación a Primavera e o Día da nai Terra.
A reminiscencia é unha técnica que favorece o recordo vivencial de experiencias do pasado para orientar a persoa no presente. Para facela presentámoslle a persoa estímulos de diferentes tipos relacionados cos sentidos (música, sons, fotografías, ulir frores,…) sendo máis axeitados canto máis familiares e coñecidos sexan para a persoa. O noso traballo consiste axudar e facilitar que a persoa se exprese en relación a esa temática asociando o que traballamos coa súa vida: diferentes etapas da mesma (infancia, xuventude, adultez e senectud), lugares de residencia (aldea, cidade, emigración,…), oficios, persoas, acontecementos importantes para ela (familiares ou festas)… Pode expresarse de diferentes xeitos: falando, escribindo, debuxando, bailando, cociñando,…
Esta actividade non ten porque realizarse dunha única vez, podemos realizala ao longo de varios días. Podedes levala a cabo do seguinte xeito…
- Orientación a realidade e introdución a actividade. Falamos coa persoa sobre a fecha na que nos atopamos e a estación do ano, que será a temática a traballar: Primavera e celebración da nai terra. Explicámoslle que imos a conversar e que nos gustaría que nos contara as súas lembranzas respecto a ela e que para iso imos a utilizar música, sons, lecturas, obxectos,…
- Estimulación. Exemplos de materiais de estimulación:
– Sons. Pedímoslle a persoa maior que se sente cómoda e peche os ollos e poñémoslle un audio con sons relacionados coa natureza e primavera. Mentres escoita pode ir dicindo que sons percibe e recoñece.
– Música: podemos empregar cancións e despois preguntarlle que lle suxeriron en relación a o tema, e incluso deixar que se exprese corporalmente ao escoitalas. Suxerencia:
– Imáxenes: ensinar fotografías ou vídeos.
“A terra cuberta en tódalas estacións de herbiñas e de frores,
os montes cheios de pinos, de robres e salgueiros,
os lixeiros ventos que pasan,
as fontes i os torrentes derramándose fervedores e cristaíños,
vran e inverno, xa polos risoños
campos xa en profundas e sombrisas hondanadas…
Galicia é sempre un xardín donde respiran
aromas puros, frescura e poesía…”
Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.