EXERCICIO COS DEDOS

Para exercitar o movemento das máns e os dedos, isto é moi importante para o desenrolo da nosa vida diaria, desde vestirse un mesmo a poder comer só ou realizar calquera tarefa de autohixiene. Da mán dos profesionais do centro de día de CABANA DE BERGANTIÑOS…

Un exercicio moi habitual sería o manexo dos cartos, como contar moedas ou ter que cortar con tesoiras un papel por exemplo.

Actividades:

– Rodas Numérica e de Letras de Pinzas:

Fácil de facer na casa: realizaremos unha roda de cartón que teremos que recortar e a dividiremos en dez partes, pintando en cada unha delas puntos do un ao dez, o noso familiar deberá colocar a pinza que coincida co número de puntos que hai en cada parte, o mesmo coa roda de letras, podemos dividir a roda en dez partes e poñer as letras que queiramos e nas pinzas esas mesmas letras.

Esta actividade se pode realizar de variadas maneiras, tamén con debuxos/ imaxes, ou colores, podemos botarlle moita imaxinación.

– Coser A Figura:

Recortaremos en cartón de variadas formas e figuras que queiramos, ás que faremos pequenos buracos ao redor que deberá “coser”, seguir co cordón toda a silueta, vale calquera fío, un cordón típico de zapatos, un fío de la grosa cos extremos tesos con cinta adhesiva para que permitan enfiar.

E para quen teña algo de xogos dos netos na casa….

– Pezas de construcción de plástico (típico xogo dos máis pequenos…)

Faremos diferentes figuras coas pezas, o noso familiar deberá reproducir tanto a forma como a orde de cores da mesma. Podemos a medida que vaia resolvendo subir o nivel de dificultade con máis pezas ou outras formas.

– Quebracabezas (con letras de abecedario e /ou números en foamy):

Intentamos encaixar todas as letras e números. É un bo exercicio para a atención e a memoria para recordar as letras e a secuencia dos números.

OUTRAS FORMAS DE TRABALLAR COAS MANS

  • Resgar papeis: podemos empezar nós resgando os papeis e por imitación de forma voluntaria e libre que o noso familiar comece a resgar tamén , despois podemos dicirlle que os resgue máis pequenos ou con tal forma en particular, tamén podemos utilizar outros tipos de papel como é o de xornais, ou revistas, ou papel vexetal, ou de aluminio, etc…
  • Facer boliñas de papel de diferentes texturas e cores e pegalos nun debuxo.
  • Categorizar varios alimentos, fabas con fabas, lentellas con lentellas,…
  • Usando alimentos como fabas, macarróns, pasta… podemos rechear superficies e pegalos (con cola) nun debuxo.
  • Enroscar parafusos (hainos grandes e de plástico)
  • Abrir e pechar botellas de leite, auga,….
  • Botarse auga nun vaso e volver a botar a mesma auga noutro vaso.
  • Escoller macarróns anchos e introducilos en canas… ou facer un colar co mesmo….
  • O propio acto de vestirse unha chaqueta e abotonarse, de poñerse un cinturón ou abrocharse un pantalón, atarse os cordóns dos zapatos…
  • Preparar a comida dos animais da casa (can, gato, galiñas…), e o propio acto de darlles de comer,….
  • Axudar a plantar na horta, ou nunha maceta,…
  • Ordear botóns por tamaños, colores.
  • Que nos axude a preparar algunha comida (batir un ovo, botar fariña, amasar masa de pan, de larpeiras,…)
  • Podemos utilizar as barquetas do supermercado (as da carne ou fiambres… e boca abaixo podemos pintar nelas puntiños, despois picamos paus finos.

• Podemos usar unha caixa de ovos e dentro de cada burato poñer unha color con cartolinas de colores, ou pintalos, e facer pelotiñas de papel ou algodóns cos mesmos colores da caixa para logo introducilos no oco do seu color.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.