De festas en Baleira

Os días 11 e 12 de agosto, como todos os anos aquí en o Cádavo, celébranse as festas patronais, na honra a San Cristovo. E a nós, que nos gustan tanto as festas, tivemos que ir vela.

Aproveitando que o día 12 tamén era día de feira, comemos o polbo na feira antes de ir á verbena. Unha vez rematamos puidemos ver a procesión. O santo ía nun carro antigo de madeira, tirado por un camión adornado con flores, xunto con outros coches antigos e o grupo de gaitas e pandeiretas “Toxo Queimado”.

Despois, baixamos para o campo da festa, onde volveu a tocar o grupo de gaitas e pandeiretas, para despois darlle paso á orquestra. Alí pasamos unha tarde moi amena bailando, cantando e tomando un refresco.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.