100 anos e moito entusiasmo no centro de día de Cospeito

O 8 de agosto foi un día moi peculiar no Centro de Día de Cospeito, xa que unha usuaria cumpriu 100 anos rodeada da súa familia, de todos/as os/as usuarios/as e do persoal traballador do centro. Ademais de ser un día especial para todos/as tamén é un fito histórico, xa que é a primeira usuaria en cumprir 100 anos no centro de día.

Non faltou ningún detalle, elaborouse un photocall personalizado para a ocasión, un mural conmemorativo con fotos que representaban a historia de vida da usuaria (da que formamos parte), entregóuselle a ela e a súa familia un detalle moi conmovedor confeccionado polos/as usuarios/as e traballadores/as do centro que consiste nunha especie de árbore xenealóxica formada por todas as caras das persoas que formamos o Centro de Día de Cospeito, xa que todos/as nos sentimos pertencentes dunha gran familia.

Ademais, agradecer a Culinaria que nos enviou unhas tortas riquísimas para que María puidese soprar os seus 100 anos cheos de vitalidade e alegría.

Foi unha mañá estupenda onde todos/as nos emocionamos e desfrutamos da celebración.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.