O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Política Social e Inclusión, pon en marcha o programa Madurescentes, co obxectivo de que as persoas maiores de 60 anos gocen no seu tempo de lecer de eventos que recuperan a esencia da cidade. Este programa pretende que os maiores se relacionen co seu entorno máis cercano, promovendo a vida activa e participativa.
Dende este marco, se realizan unha serie de visitas gratuitas guiadas baixo o título “Lembranzas de Ferrol”, que comezaron no mes de xullo está previsto que se extendan ata decembro.
Durante a visita as persoas usuarias tiveron a oportunidade de lembrar o pasado de Bazán e a Armada de Ferrol. realizamos unha visita a Exponav. Bazán foi unha sociedade pública constituida en 1947, adicada fundamentalmente á construcción naval militar. No ano 2000, Bazán fusionouse con Asteleiros Españoles, sendo Navantia a empresa actual. A Historia do Asteleiro se remonta ao século XVIII, cando se crearon os arsenais militares na cidade, para construir e reparar os navíos da Armada Española. Durante a visita a Exponav, puidemos desfrutar dunha colección histórica da actividade dos asteleiros, material de oficina, ferramentas … Dada a importancia deste sector na cidade de Ferrol, as persoas usuarias lembraron que moitos coñecidos e familiares traballaron no asteleiro. O pai dunha das usuarias estivo enrolado nunha das maquetas que había na exposición, o cruceiro “Canarias”.
A experiencia foi moi positiva, polo que de seguro participaremos en vindeiras propostas.
3