Pedalear e conversar dende o centro de día de Culleredo

Non sabedes o impresionante que foi para todas nós ver de cerca un barco tan grande como o Cruceiro que visitamos o pasado luns día 12.

As persoas usuarias quedaron impresionadas de comprobar como algo tan grande pode flotar coma se nada…

… algunha usuaria chegou a comentar que parecía unha cidade!

Grazas ao equipo de “Pedalear e Conversar” que como sempre acepta as nosas peticións e nos achegaron a coñecer de cerca estas embarcacións e percorremos tanto o porto como o resto da cidade en moi boia compañía.

Coma sempre, para repetir! E así faremos, pois mantemos reservada unha sesión mensual.

A que agardades? Animámosvos a que participedes, estamos seguras de que será tan gratificante como o é para nos.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.