No CAPM de A Pobra do Brollón estamos sempre dispostos e animados para as actividades que supoñen rachar coa rutina e coñecer e visitar lugares. Nesta ocasión o lugar escollido foi o Viveiro Os Trollos, situado no concello limítrofe de Bóveda, moi coñecido e famoso na zona pero descoñecido para moitos.
Así que o pasado día 31 de xullo, alá nos fomos. As persoas que quixeron visitaron unha exposición adicada o ciclo das árbores e asistiron a unha pequena visita guiada na que o axente forestal encargado lles falou da flora e da fauna da zona. Outras persoas elixiron pasear polos xardíns e desfrutar da conversa a sombra dos maxestosos árbores. Os máis valentes alargaron o paseo e foron a refrescarse a fonte que se atopa nun dos extremos.
O 7 de agosto, repetimos plan, para que todas as persoas usuarias e traballadores puideran tamén gozar da experiencia.
As actividades o aire libre e de contacto coa natureza teñen múltiples beneficios entre eles mellorar o estado de ánimo, aumentar a calma…e así volvemos desta saída: felices e relaxados.
1