O primeiro domingo de Agosto celébrase en Ribadeo a Xira, no Monte de Sta Cruz.
É unha festa popular e gastronómica; unha romería que homenaxea a gaita e @s gaiteir@s. É festa de interese turístico nacional e galego.
A Pre-Xira, iniciativa promovida polo CAPM A Concordia, o venres desa mesma fin de semana é un evento consolidado no cronograma do verán ribadense. (Contamos ca colaboración imprescindible do Concello de Ribadeo e a Asociación Amigos da Gaita)
A PreXira é unha foliada inclusiva, un torreiro de coidados.
Leuse o pregón, escoitáronse pandeiretas gaitas e coplas, bailáronse pasodobles e xotas e unha muiñeira adaptada onde participaron as persoas usuarias do CAPM.
3