Visitas Guiadas Programa Madurescentes. “AS FÁBRICAS PERDIDAS DE FERROL”

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Política Social e Inclusión, pon en marcha o programa Madurescentes, co obxectivo de que as persoas maiores de 60 anos gocen no seu tempo de lecer de eventos que recuperan a esencia da cidade. Este programa pretende que os maiores se relacionen co seu entorno máis cercano, promovendo a vida activa e participativa.

Dende este marco, realízanse unha serie de visitas gratuitas guiadas baixo o título “Lembranzas de Ferrol”, que comezaron no mes de xullo e está previsto que se estendan ata decembro.

Na visita do 6 de agosto, “ As fábricas perdidas de Ferrol”, as persoas usuarias puideron lembrar as fábricas que había na cidade. Participaron activamente, incluso referiron ter familiares que traballaban nas mesmas. As fábricas máis importantes da cidade eran a fábrica de lapis, a fábrica de xeo, Pysbe (pesquería e salazón de bacallau), a fábrica de xabrón “Beceiro Pucho”, a fábrica peninsular madereira, Fenya (fábrica de electricidade naval e artilleira) e Piñón, a fábrica de toallas. Todas elas desapareceron, a meirande parte dos edificios non existen ou están en ruinas.

A experiencia foi moi positiva, polo que de seguro participaremos en vindeiras propostas

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.