O día 1 de agosto, os usuarios/as do CAPM de Baleira fixeron unha saída sociocultural á Mariña lucense, en concreto a Foz.
Saímos por a mañá do centro e, de camiño á praia, fixemos unha parada en Mondoñedo para visitar a catedral e o seu museo. Dentro do museo, puidemos ver cadros, esculturas, cálices e outras moitas pezas relixiosas antigas.
Unha vez rematada a visita, dirixímonos a Foz, a onde chegamos para xantar. Despois de xantar, baixamos ó areal para desfrutar dunha longa tarde de praia todos/as xuntos/as. E para rematar a xornada, tomamos un xeado antes de emprender a viaxe de volta. Foi un día diferente e moi divertido para todos/as.
6