Aproveitando que nestas datas se desenvolve o campamento de verán do Concello de Cospeito, festexamos os días 23 e 24 o día dos avós na compaña dos nenos e nenas (sendo o día propio o 26 de xullo).
Establecemos nas instalacións do centro de día un total de seis estacións de xogo (minigolf, paracaídas, xogos de mesa, diana, petanca e encestar os aros) nas cales grupos heteroxéneos de maiores e pequenos rotaron para participar en todas elas.
Foron dúas mañás moi entretidas, nas cales nos acompañaron 70 nenos de Cospeito e os seus arredores.
Ademais trouxéronnos un mural feito por eles e elas máis postais adicadas para os/as usuarios/as.
Esta actividade xa se pode considerar unha tradición no noso centro, sempre estamos desexando que chegue o verán para poder desfrutar da súa compañía nunhas xornadas tan divertidas!
3