CAPM A Pobra: Presentación de “Marea Morta” E “5” -Ana Lojo Chan

O 9 de xullo veu a visitarnos ANA LOJO CHAN, autora da novela “MAREA MORTA” e do poemario “5”. Foi unha actividade moi entretida, interactiva e motivadora, onde a escritora, que tamén é mestra de Inglés de Infantil e Primaria, nos presentou as súas obras.

Contounos como foi a raíz do falecemento de seu pai que comezou a escribir “MAREA MORTA” sen idea ningunha de publicala xa que o seu único obxectivo era facer una ardua investigación de campo para así elaborar unha historia con todas as testemuñas reais recopiladas, logrando deseñar unha obra entretida para @s seus fill@s e familiares. Ao final, este libro está publicado en formato papel en 4 países e en dixital en 15 e acaba de recibir o Premio Pegasus de Suiza: Premio Especial da Crítica, cuxo galardón será recollido pola propia autora o 28 de setembro en Suiza.

Unha traxectoria similar ten o seu poemario “5” que tamén está publicado en formato papel en 4 países e en dixital en 15; e en abril tamén recibiu o Premio Pegasus en Ciudad de Cattolica na categoría internacional. Os Premios Pegasus están considerados os Óscars da Literatura Italiana.

Esta autora, en breve, publicará o seu terceiro libro que vai adicado a todo tipo de público pero sobre todo a rapaces de Educación Primara e a persoas da terceira idade, coa idea de que a través desta obra lúdica se practique a agudeza mental resolvendo problemas, solventando actividades e descubriendo información cifrada.

Ana Lojo Chan, que tamén fixo colaboracións coa importante editorial Oxford Univertisty Press, acaba de embarcarse nun novo proxecto, cuxo obxectivo é presentarse a un premio literario da contorna. A autora pediu colaboración a aquela xente do centro de día que desexe deixar plasmada neste manuscrito certa información valiosa, xa que moitos dos datos recopilados teñen que ver coas nosas tradicións.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.