A semana pasada, no CAPM de Baleira estivemos de celebración. Fixo 5 anos que o centro abriu as súas portas, así que o celebramos por todo o alto.
Aproveitando o bo tempo, organizamos unha festa na terraza, á que puído asistir todo aquel que o desexase (familia, veciños, autoridades…). Non faltou de nada: misa, globos, comida, música e moito baile. As persoas usuarias colaboraron na organización preparando unhas tartas de piña para a merenda. Pasamos unha tarde divertida e amena todos/as xuntos/as.
Ó día seguinte, para rematar a semana de celebracións, estivemos na piscina do concello. Xogamos ó bingo, pegamos algún que outro chapuzón e desfrutamos dunha rica comida campestre.
4